jueves, 28 de abril de 2011

OMBÚ






NOME DA ÁRBORE: OMBÚ
NOME CIENTÍFICO DA ÁRBORE: Phytolacca dioica
NOMES DA ÁRBORE NOUTROS IDIOMAS:
GALEGO: ombú
CASTELÁN: ombú
INGLÉS: ombu*
PORTUGUÉS: bela-sombra (ou ombu)
ALEMÁN: ombubaum
FRANCÉS: belombra
*en inglés tamén se lle chama (vulgarmente): Bella Sombre, Pokeweed, Belhambra, Bella Ombre, Omboe, Umbo, Umbra tree, Elephant tree, Fitolaca, Beautiful shade.

O seu nome é unha voz guaraní que significa sombra ou vulto escuro.


UBICACIÓN:

DESCRICIÓN:
É unha planta arborescente.Ten un tronco groso e un gran porte. Alcanza unha altura de 10 a 15 m, cunha ampla copa e grandes raíces visibles. O seu tronco pode ter uns 7m. de diámetro. Crece rapidamente, e é inmune a moitos dos insectos que depredan as follas da flora pampeana grazas a que a súa savia é toxica. É discutido se é unha árbore, un arbusto ou unha herba xigante; quen, cientificamente, aducen que é unha herba xigante resaltan principalmente as curiosas características do seu talo, bastante húmido e verde, sen notorios aneis de codia; de madeira esponxosa e branda, o que lle permite sobrevivir no entorno de escasas chuvias da Pampa seca. Os ombús conteñen gran cantidade de auga.


- Folla

USO MEDICINAL DO OMBÚ. As súas follas constitúen laxantes moi efectivos, cualificadas de "drástico violento" en etnobotánica. Tamén se empregan co mesmo fin para tratar o gando. E ata participan dunha broma frecuente: colocadas en anaquiños dentro do mate, provócanlle súbitos cólicos ao incauto bebedor. En Corrientes (Arxentina), ademais, prepárase unha solución acuosa con follas picadas de ombú, altamisa e menta, que, aplicada sobre o cabelo, cura as dores de cabeza e a insolación. E, cando se cortan no monte, os leñadores facilitan a coagulación e cicatrización das súas feridas profundas colocando sobre elas cinza de ramas e follas de ombú.

- Tronco
- Ramaxe
- Flor
- Froito
- Anchura
- Altura
- Ecosistema



É unha planta arborescente,nativa da Pampa de Arxentina e Uruguai. A pesar de que pode alcanzar os 10 ou 15 metros, os científicos discuten de se é unha arbore, unha herba xigante ou un arbusto.
Pese a ser dunha madeira de características "herbáceas", o ombú tivo e mantén grandes utilidades para o ser humano na rexión da chaira pampeira: serve de refuxio (especialmente de día como "sombra" para o descanso), ante xornadas moi calorosas, en temporais... A súa sombra mantén a humidade superficial do chan adxacente e serve de fito ou sinal para situar distancias e territorios na planísima chaira da Pampa húmida.
As follas teñen forma elíptica e miden ata 20 centímetros de longo, de cor verde escura e brillante. As flores son dioicas e aparecen en forma de acios.
CICLO NATURAL (observacións):

LOCALIZACIÓN NOUTROS LUGARES: Brasil, Uruguai, Perú, Arxentina...

APROVEITAMENTO COMERCIAL (froita, madeira, ornamentación…)

A madeira de ombú, a non ser que estea moi desecada, non serve para facer leña de lareira nin para tallas de carpintería. Algúns ombús dan froito, aínda que non se comercializa con eles.
PATRIMONIO INMATERIAL (lendas, refráns, cantigas, fraseoloxía…)

Lenda do Ombú: Deus entregaba os seus dons ás árbores e elas escollían os atributos de beleza que desexaban: -Eu quero ser forte-dixo un deles. -O meu ideal é ser saudable-dixo outro. Ao trigo Deus concedeulle a flexibilidade. O loureiro reclamou follas escuras e lustrosas. O limoeiro pediu froitos dourados. Cando lle tocou a quenda ao OMBÚ, Deus preguntoulle: -Que queres ti? E el respondeulle: -Sombra para o descanso dos homes. -Todos teñen sombra -díxolle Deus- Que máis queres? Corpulencia para ser índice na vasteza da chaira, para que, cando me miren, sintan a emoción do fogar. Quero que a miña leña sexa débil, esponxosa e fráxil. Deus quedou estrañado cos desexos do ombú e preguntou: -Por que non pides flores coloridas e saborosos froitos? Por que non queres unha madeira forte para fabricar o berce do neno, o barco para a viaxe, o ataúde para o descanso último? -Pai, sei que unha vez veu ao mundo un Home Bo que predicaba o amor, a xustiza e o ben. Os outros homes perseguírono, condenárono e sacrificárono nunha cruz, feita coa dor dalgunha irmá árbore. Aínda existen soñadores na terra. Déixame contento concedéndome o que che pido, terei a oportunidade de ter paz na miña conciencia pensando que nunca contribuirei ao crime dun xusto. RAC 1ºC




Esbozo do ombú da autoría de Clara Rodríguez-Toubes